jueves, 21 de agosto de 2025

Día 36

 Moi boas! 

Aviso importante!!!! Mañá imos á praia e rogamos se podedes vir ás 9:30 como máximo para poder gozar mais tempo na praia, e iso que imos andando:))  Se non podedes avisádenos ao móbil do campa…

Hai que traer: 

Bañador ( posto de casa ) 

Toalla 

Crema solar 

Gorra

Auga 

Merenda 

Roupa interior de cambio

Calzado cómodo 

Cubos con nome ( opcional) 

Despois desta comunicación, procedemos a explicar o que fixemos hoxe.

Á primeira hora os maiores e pequenos fixemos os nosos propios monicreques, aínda que estamos en proceso de terminalos e en breves levarémolos a casa…




Os pequenos xogamos á granxa, que consistía en que cada un eramos un animal e tiñamos que atopar á nosa parella, algúns confundiamos ovellas con leóns e por pouco cómennos jejeje E tivemos tempo a regar as nosas leitugas.
Despois xogamos ao “ pilla conxelado “ e é que cando nos pillaban tiñamos que quedarnos quietos e só salvábannos se pasaban por baixo das pernas. 



Despois de merendar, fixemos unha gymkana deportiva con moitas probas… que se encestar o aro, carreira cos pés atados, carreira de sacos, circuíto de aros….













E para finalizar, fixemos nosa propio adhesivo a base dunha mestura de cola, xabón e colorante… ou iso tentamos jejeje




Despois deste día tan intenso, imos descansar para a praia de mañá jejeje

Ata mañá ! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...