viernes, 29 de agosto de 2025

Fin do campa

 Moi boas! 

Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje 

Hoxe foi o noso último día de campa, o ambiente estaba cheo de nervios, cansazo e moita pero que moita enerxía…

Hoxe era un día especial e decidimos facer o noso Got Talent e gozámolo moitísimo, as actuacións de alto nivel e moitos talentos ocultos, foi difícil quen gañaría… 
















Despois recargamos enerxía con moita comida e un pouquiño de azucre, se notades que estamos activos de máis é polo exceso de doce jijiji 




Logo da merenda tivemos momento de experimentos, de pinta caras, de globoflexia ( que non chegaron nin á saída ) e premios. 

Bueno bo como fomos de cargados para casa. 

E hoxe foi un día especial para unha participante, para Iris, que nos acompañou xunto ao seu irmán Cosme todo o verán e desde primeira hora da mañá, queremos desexarlle moita sorte nesa nova etapa que lle espera e que xamais perda esa ilusión e ganas de axudar. Grazas por tantos momentos que puidemos gozar da túa compañía e que nada che pare nos teus soños!



Familias, desde o equipo de monitorado despedímonos e dámosvos as grazas por todo e esperamos volvervos a ver o ano que vén,  foi un verán completo, moitas risas, xogos e algún choro pero é que ten que haber de todo…. E desexámosvos moita sorte con tremendos terremotos jejeje 

Pd: Deixámosvos un pequeno agasallo para que o gocedes…



Fany, Sara, Ana, Cris E Diana! 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...