viernes, 29 de agosto de 2025

Fin do campa

 Moi boas! 

Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje 

Hoxe foi o noso último día de campa, o ambiente estaba cheo de nervios, cansazo e moita pero que moita enerxía…

Hoxe era un día especial e decidimos facer o noso Got Talent e gozámolo moitísimo, as actuacións de alto nivel e moitos talentos ocultos, foi difícil quen gañaría… 
















Despois recargamos enerxía con moita comida e un pouquiño de azucre, se notades que estamos activos de máis é polo exceso de doce jijiji 




Logo da merenda tivemos momento de experimentos, de pinta caras, de globoflexia ( que non chegaron nin á saída ) e premios. 

Bueno bo como fomos de cargados para casa. 

E hoxe foi un día especial para unha participante, para Iris, que nos acompañou xunto ao seu irmán Cosme todo o verán e desde primeira hora da mañá, queremos desexarlle moita sorte nesa nova etapa que lle espera e que xamais perda esa ilusión e ganas de axudar. Grazas por tantos momentos que puidemos gozar da túa compañía e que nada che pare nos teus soños!



Familias, desde o equipo de monitorado despedímonos e dámosvos as grazas por todo e esperamos volvervos a ver o ano que vén,  foi un verán completo, moitas risas, xogos e algún choro pero é que ten que haber de todo…. E desexámosvos moita sorte con tremendos terremotos jejeje 

Pd: Deixámosvos un pequeno agasallo para que o gocedes…



Fany, Sara, Ana, Cris E Diana! 







jueves, 28 de agosto de 2025

Día 41

 Xoves, xoves 

Isto está a chegar ao seu final, por moita pena que nos dea a todos, aínda que o pasamos moi ben ao longo do día…

Para espertarnos xogamos a rúas e avenidas e o que nos custou entendelo, pero algo conseguimos xogar… 




Despois fixemos unha dinámica chamada a estrela, que era como un pano pero cun cono. 






E facíanos moita ilusión xogar ao “pato-oca” todos xuntos e ese non tivemos problema para entendelo jejeje




E despois de merendar xogamos a “atrapa o cono “ que nos custou máis dun desgusto…







E tivemos tempo de prepararnos para o noso Got Talent de mañá, que somos uns artistas e estamos a desexar que chegue o momento de actuar.











miércoles, 27 de agosto de 2025

Día 40

 Moi boas 

Metade da última semanana e que cansos estamos xa…

Á primeira hora os pequenos estivemos a facer nosas propias paletas de pintores, xa que a temática do campa é artística e pre deportiva, e quedáronnos moi chulas! 







Despois estivemos un ratito de cinema, estivemos tan entretidos que nin fotos sacamos jejeje 

Mentres os maiores fixemos nosas propias botellas sensoriais e xogamos a un xogo chamado “ 10 pases “ que nos ensinou unha compañeira jejeje








E despois da merenda fixemos o noso propio Pasapalabra con rosco, e gañamos os pequenos, aínda que aos maiores non lles gustase a idea jijiji 







E para finalizar, xogamos unhas partidas de “atrapa a bandeira” e de “agocho ao revés “ onde algún era moi bo escondéndose. 










Mañá máis !!

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...