miércoles, 2 de julio de 2025

Día 2



 Bos días de mércores!!!

Hoxe foi un día moi completo... Pola mañá para espertarnos do todo fixemos noso activate, que nos custou e saímos ata suando.





Para logo empezar coas actividades a lume de biqueira. En primeiro lugar, os maiores estivemos a facer uns xogos de substitucións e estabámolo pasando moi ben pero, a choiva decidiu aparecer e tivemos que activar o plan “
b”; así que fomos a poñernos a cuberto e puidemos seguir coa previsto, xogamos ao “ atopa o poder” que xogaron connosco os pequenos... e tiñamos que atopar en que cono estaba o poder, menos mal que nos axudaron porque algún poderiamos seguir buscando que non o atopabamos jejejeje







Despois dunha pausa para
merendar e repoñer forzas. Despois deste descanso, empezamos co noso proxecto “Miño TV” onde estamos a nos preparar para informarvos das novidades do noso día a día. Pero claro, necesitamos un estudio, micrófonos.... e hoxe empezamos coa nosa construción de todo.





E hoxe temos que lamentar as primeira victimas dos esquecementos dos nosos donos. Aínda que algunha sabemos de quen é... mañá poderán ser recuperadas.





E isto foi todo por hoxe, esperámosvos mañá con moitas ganas de pasalo ben e un pouco de soño tamén jejeje.

1 comentario:

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...