Holaaa,
Xa por fin está aquí o campamento!!! Non sabemos quen viñan máis durmidos, si os nenos/as ou as monitoras jijiji, aínda que sen dúbida os máis madrugadores demostráronnos que si eles poden, nós tamén. Nosa máis sincera admiración aos que vides ás 7:30 da mañá.
Peeeero unha vez que espertamos todos, foi un non parar, comezamos con moitos xogos para coñecernos un pouquiño entre todos.
Os pequenos estivemos a xogar ao “eu chámome... e o meu animal é o.... “ ,“ao tutti-fretti” ao brilé.
Os maiores non quedamos atrás, estivemos a lume de biqueira co “nome viaxeiro”, “a araña”, “Baile con Aros” e fixemos un circuito ... Miúda forma de empezar!
E isto foi todo por hoxe pero mañá máis !
Lembrarvos que recollemos material de reciclaxe: Rolos de papel, tapóns, cartón, brick de leite, envases de iogures ( limpos) .
Sei que moitos estades a preguntar polo número do campa, pero aínda non nolo proporcionaron. Estou a facer presión para que se dean présa... Se necesitades algo podedes chamar ao concello e eles comunícanmo.
Moitas grazas pola vosa colaboración e a vosa comprensión.










No hay comentarios:
Publicar un comentario