viernes, 22 de agosto de 2025

Día 37

 Bos días de Venres!


Hoxe si, hoxe puidemos ir á praia ! Que ganas tiñamos de que chegase este día…

Moitas grazas a todos os que cumpristes coa puntualidade que pedimos onte!!! 

Unha vez revisadas mochilas, que todos levásemos de todo, emprendemos o noso camiño á praia, e fomos como raios de rápidos. 



Unha vez instalados xogamos un intre para construír castelos, facer buracos, enterrar ás monitoras… 







E despois dunha boa merenda e co permiso das medusas, puidemos bañarnos xa que esas forasteiras xa non estaban… 

Como o pasamos coa auga! Saltando ondas, mollándonos e con esta calor agradecémolo moito !


















Unha vez refrescados tivemos que volver, e como campións subimos e sen protestar case nada… papis e mamis hai que pedir ao concello que nos poñan bus !!



Igual imos algo cansos pero iso é que o pasamos moi ben!! 



Mercadillo:

Bo finde e vémonos para a semana que xa é a última !



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...