miércoles, 20 de agosto de 2025

Día 35

 Bos días, 

Metade de semana e metade de enerxía…

Pola mañá, os maiores e os pequenos xuntámonos para xogar ao “rescate”  que consistía en que nos dividiamos en dous equipos e cada equipo tiñamos un prisioneiro do outro equipo e tiñamos que ir rescatar ao noso compañeiro secuestrado. E ao principio custounos moito entender o xogo, pero conseguímolo! 





Despois os pequenos xogamos a abrazos musicais, parecido ás cadeiras musicais pero cando paraba a música tiñamos que abrazar a un compi… e fixemos a “ tocar a cor “ e con diferentes círculos de cores tiñamos que tocalos cunha parte do corpo e pasámolo súper ben!! 






Mentres os maiores fixemos a nosa actividade de caracterización, na que nos convertemos en pintores facendo nosas propias paletas. 


E entre tanta actividade tivemos un momento de merendar tranquilamente. 



Despois de tremenda merenda, os maiores convertémonos en Cindy Sherman unha famosa fotógrafa que se pintaba así mesma caracterizada e deunos a tempo a xogar ao noso propio Twister. 







E os pequenos tampouco estivemos aburridos, fixemos unha actividade súper chula, pois nos prepararon un mural que tiñamos que terminar nós coas mans e pés, e aínda que nos teriamos que mancharnos pois… os pés igual foron uns pouco coloridos jejeje 






E para finalizar o día plantamos as nosas leitugas! 














No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...