Moi boas !
Que día tan divertido e entretido tivemos hoxe.
Hoxe como era o último día de moitos e fixemos unha pequena festa e moitos xogos…
Para empezar á mañanciña, invadíronnos unhas piratas moi malvadas que escondían un tesouro!!! E non puidemos escapar delas ata que superamos todos os retos que nos puxeron, así que nos puxemos ao choio a buscar ese tesouro tan cobizado co mapa que nos deixou o capitán Barracuda…
E despois de conseguir todos os retos e de rescatar á monitora secuestrada, atopamos o doce tesouro!
E despois de tanto esforzo tivemos nosa mellor recompensa unha súper merenda para piratas experimentados !
Como é habitual visitáronnos do concello para que os que eramos novos puidésemos ter a nosa camiseta, de camisetas fomos hoxe a lume de biqueira, tamén levamos as nosas personalizadas!!
E despois de repoñer forzas, xogamos ao bingo musical e como o pasamos… vivímolo coma se fósenos a vida niso, e tivemos ata premio !!!
Aos que non seguides, darvos as grazas e desexarvos feliz final de verán. Os que seguides vémonos o luns con cheas de xogos !!!
Feliz ponte a todos/as!!!




























No hay comentarios:
Publicar un comentario