lunes, 18 de agosto de 2025

Día 33

 Moi boas de Luns, 

Hoxe foi comezo de quincena para algúns e tivemos día tranquilo pero aprendemos moitísimo. 

Á primeira hora estivemos a xogar no noso gran taboleiro da igualdade, onde aprendemos sobre estereotipos, sobre mulleres importantes e adiviñar que fixeron para ser coñecidas, preguntas de igualdade, publicidade sexista,cantantes femininas… saímos cunha chea de coñecementos, pero iso non foi todo; pois por cada vez que faciamos ben a nosa proba tiñamos unha peza para montar o quebracabezas sobre catro mulleres ilustres e importantes na historia por diferentes motivos, e entre tantas foi complicado escoller, pero tivemos que quedarnos con María Curie, Concepcion Arenal, Serena Williams, Frida Kahlo… 












E xa para finalizar, xogamos a “ Atrapa a Bandeira “ e acabamos esgotados e suando como pitos pero gustounos moito e deunos tempo a tres partidas que acabaron cun axustado pero merecido 2-2 jejejeje 








                               Ata mañá !




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...