miércoles, 13 de agosto de 2025

Día 31


 Mércores mércores 

Coa ilusión que nos facía porque tiñamos previsto ir á praia, pero Lorenzo decidiu que hoxe non saía e iso que onte dicía que sairía todo o intre… aínda que esperamos ata o último momento para decidir non houbo maneira, e ás 14 déuselle por aparecer ao traveso jejejeje 

Así que tivemos que improvisar un pouquiño, os pequenos terminamos as nosas camisetas e puidemos ver outro pouquiño de cinema. 




Ademais estivemos a terminar o noso mural sobre Margaret Keane que poderedes ver mañá no blog, e se escollemos a esta artista foi porque ten uns cadros moi bonitos e porque como outras tantas grandes artistas tivo que esconder a súa autoría sobre as súas obras baixo o nome do seu marido, e non, iso non acabou nada ben…


Tamén aproveitamos e pintamos as nosas follas das árbores. 








E os maiores pois tamén fixemos nutro mural artístico, vimos unha peli e fixemos as camisetas, bo, terminando… 


Un día de relax, pero mañá será moi especial e movido, porque é final de quenda  para algúns. 

Mañá entregamos as camisetas, recomendámosvos pasala o ferro ao revés  ( costuras cara a fóra) antes de lavalas, para que así duren máis tempo os debuxos. 

Ata mañá !

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...