Boas boas!!!
Hoxe foi un día duro e tristón, porque estamos cansos e o verán xa nos pesa a todos e a todas…
Pero sempre sacamos un poquitín de enerxía para pasalo ben. Os maiores estivemos a empezar as nosas camisetas, que bo eu creo que a arte nos evita a nós e viceversa…
Tamén estivemos a aprender sobre a diversidade e a poñernos no lugar daquelas persoas que sofren algún tipo de diversidade, por iso xogamos a guiar a un compañeiro que tiña os ollos tapados, pernas xuntas.
Ademais xogamos ao bingo da amizade que consistía en aprender e ir tachando as palabras por exemplo; empatía, respecto… e a verdade gustounos moitísimo
Mentres os pequenos estivemos a xogar ao Bum! Que era de ir tocar os círculos co número que nos dixesen e cando dixesen Bum tirarnos ao chan ( nosa parte favorita)
E xogamos ao Carteiro que era case como as cadeiras musicais.
E xa para finalizar empezamos as nosas camisetas, aínda que algúns non nos deu tempo a facelas e farémolas estes días jejeje E mentres esperabamos a nosa quenda tivemos a sorte de de poder ver un pouquiño de “Peter pan “
Familias, mañá excursión á praia, hai que traer:
-Gorra ( obrigatorio )
-Bañador
-Muda interior de cambio
-Zapatos cómodos
-Toalla
- Crema solar
-Merenda
- Cubos con nome ( isto é opcional )














No hay comentarios:
Publicar un comentario