lunes, 11 de agosto de 2025

Día 29

 Moi boas ! 

Damos comezo a unha semana máis chea de diversión…

Hoxe pola mañá os maiores estivemos a xogar ao globo prisioneiro, carreira de globos e xogos musicais cooperativos que incluían o director de orquestra entre outros. 






E os pequenos pois estivemos a facer o inicio dunha actividade que aínda non podemos dicir jejeje ademais decoramos as nosas botellas musicais pero parece que fomos á mina para cavar do sucios que fomos, xuramos que non foi á mantenta…












Tamén fixemos un súper circuíto que parecía fácil e custounos un pouquiño.

E xa como final do día xogamos ao furor en feminino, que consistían en cantar cancións que tivesen unha palabra en concreto; temos que dicir que hai que levarnos máis ás orquestras porque non sabemos cancións jijiji 







Familias imos avisando con tempo que este Mércores 13 faremos excursión á praia… e estaremos de regreso ás 14 no campa… 

Vémonos mañá !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...