viernes, 8 de agosto de 2025

Día 28

 Moi bos días de Venres !


Que ganas tiñamos de que chegase este día, xa necesitamos un descanso…

Pero non vos confundades, hoxe viñamos emocionados porque tiñamos unha voda, casaba Iris co seu gato… lemos pero non xulgamos ( e logo as tolas somos as monitoras ) 










A voda estaba organizado e atendemos máis que ás actividades… e celebrámolo, tiramos o ramo e algunha case infarta da emoción de conseguilo. 

Hoxe estivemos a lume de biqueira pasándoo en grande. Para empezar os pequenos estivemos a facer noso propio xabón de diferentes formas, e saíronnos moi ben e ímolo a usar moitísimo para lavar as mans. 









E despois de merendar estivemos a xogar a “ Simón di “ correndo dun lado para outro, tamén aprendendo con “Eu podo facer “ sobre os estereotipos tan arraigados que escoitamos continuamente, e xogamos ao agocho ao revés, onde se escondía un e os demais o buscabamos. 







E os maiores, bo como estivemos hoxe… estivemos a aprender refráns, pelexa de galos e non non é rapear, consistía en conseguir tombar aos demais estando agachados, e por suposto tamén aprendemos sobre estereotipos, e tivemos que poñer que cousas facían os mozos e as mozas desde a súa opinión, e empezaron moi chulitos e acabaron aprendendo que o que dicimos pode facer sentir mal aos demais, serviunos para aprender a rectificar… unha lección moi valiosa que sen querelo eles mesmos descubriron.













E tamén fixemos os nosos xabóns… 






Bo finde !Xa vedes un día sen aburrimento pero con moitas aprendizaxes… 



Bo finde !









1 comentario:

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...