Venres por fin venres!!
Hoxe xa se notaba o cansazo de toda a semana, e custounos moito o día, o tempo tampouco nos axudou, xa que babuxou un pouquiño e tivemos que adaptarnos…
E para animar un pouco o día fixemos noso “actívache “. Cada día con máis arte espertamos…
Ademais, xogamos aos birlos e temos que practicar un pouco a puntería…
E aproveitamos para xogar ao “rouba pelotas” que nos custou algún enfado, pero nada que non poida solucionar unha rica merenda.
E xa o que estabamos a esperar todos… facer o noso experimento! E como puidestes comprobar, fixemos nosa propia plastilina, quedounos divina… tentaremos non comela, xa que está bota de materiais naturais ( fariña, sal, e colorante alimenticio)
E para finalizar, tivemos o noso momento de “Miño TV” que nos serviu para planear o que queriamos contarvos hoxe…Gozade do noso traballo;
Familias, seguimos tendo pezas abandonadas
Gustaríanos pedirvos que por favor non traian xoguetes de casa nin consolas, para evitar conflitos e casos de perda… e estamos a detectar que algúns nenos/as están a vir sen auga e a maioría dos días estamos no exterior e correndo…
Bo finde e vémonos o luns !!!!




















No hay comentarios:
Publicar un comentario