Ola, holaaaa
Xa estamos case ao final da semana. E xa se nos vai notando o cansazo, pero aínda así tiñamos moitas ganas de ir á praia, e como uns campións emprendemos o noso camiño de ida e volta, sen protestar.
Cando chegamos á praia chegamos, conquistámola e cando estabamos colocados apareceu a néboa, pero a nós non nos para nada e aínda así nos bañamos… mentres esperabamos a nosa quenda, decidimos facer os nosos castelos que duraron menos que o sol hoxe jejeje. Se notades que estamos cansados aquí mostrámosvos a razón…
Imos descansar, ata mañá!!











No hay comentarios:
Publicar un comentario