Bos días de Martes,
Despois do intenso día de onte, hoxe foi máis tranquilo.
Para empezar estivemos a pintar con Frida, e que é isto? preguntarédesvos, pois tiñamos que pintar segundo a emoción que nos tocará ou pintar algo que representase cando sentimos esas emocións. E mellor que non esperedes que non nos dediquemos a isto de pintar…
Logo bailamos un pouco as cancións máis populares ou que máis sabiamos e xa non temos que pagar o ximnasio…
Despois da merenda tocábanos o semáforo, que segundo a cor que dixese o capitán ( amarelo, laranxa ou vermello) tiñamos que facer un movemento ata chegar á meta. E detectamos que hai moitos tramposos por aquí…
E xa para rematar xogamos al brilé.
Familias mañá temos xogos acuáticos, hai que traer:
Toalla
Bañador
Crema solar
Muda
Calzado que se poida mollar e que sexa cómodo.
Gorra
NON HAI QUE TRAER PISTOLAS DE AUGA
Lembrarvos tamén que a gorra é necesaria todos os días, xa que saímos moito ás pistas.














No hay comentarios:
Publicar un comentario