lunes, 7 de julio de 2025

Día 5



 Moi boas, 

Luns, Luns… que duros son os Luns e hoxe notouse, viñamos cansos…

Pero bo imos á lea,acordádesvos daquela actividade de Miño TV??? Pois desde hoxe,o blog será xestionado ( supervisado por adultos )por este pequenos pero á vez grandes artistas. 

E temos que comentarvos que na elaboración deste blog temos varios equipos que, a continuación presentámosvos:

En primeiro lugar temos aos Fotógrafos ( que son un pouco tímidos Jijiji ) e está composto por Jayden, Dana, Valentina, Gala, Carlos, Dylan e Mateo. E serán os encargados das fotos das actividades.



A continuación, están os entrevistadores, que como o seu nome di serán os que entrevisten os compañeiros e monitores, nel están: 

Iris, Nora, Saúl, Rita, Anita e Cloe.

Doutra banda, están os redactores, quen contará o que fixemos no día. E os seus compoñentes son; Olaia, Lola, Lúa, Siena , Ian e Alba. 



Tamén temos aos debuxantes, que debuxarán as actividades que máis lle gustaron e cuxos integrantes son; Alma, Noa F, Pepa,Otto, Naia, Cosme, Valeria e Mai.

E por último, os campamentólogos, os máis perigosos, pois son os encargados de valorar as actividades e suxerir melloras, que ben o imos a pasar as monitoras jejejeje…

Hugo, José, Martín, Noa I, Ander, Brais, Dani, Ray, Mateo Y Joao.

Ben, seguindo o que me mandaron os redactores o día foi o seguinte; Empezamos xogando libre, despois xogamos ao bingo con maiores e pequenos para coñecer os nomes dos compis, porque si, aínda non nolo sabemos e xa non falamos das monitoras… 





Despois terminamos o dos micros para poder realizar os nosos labores na elaboración deste blog. 






Fixemos un descanso para merendar e xogar un pouco por libre para despois baixar ás pistas e facer un circuíto de habilidades. 


Traballo dibuxantes: 


Campamentólogos: 


Redactadores: 

Entrevistadores 



Familias, xa temos móvil de campa: 618757173 ( 7:30- 16:00)
Prenda perdida: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...