Moi bos días ! Por fin venres!!!!
Hoxe viñamos emocionados porque tocaba festa da auga, pero tamén un pouco nerviosos mirando ao ceo para ver se o tempo estaba da nosa parte..
Mentres esperabamos non estivemos aburridos en ningún momento…
Pola mañá estivemos a debuxar ao ritmo das cancións e logo estivemos a representar como nos viamos a nós mesmos, o que nos axudou a coñecernos entre nós.
E despois de merendar, e antes de que as monitoras dixésennos algo xa subimos a prepararnos para a festa, preparámonos coma se fose para ir á guerra, que se pistolas ( algunhas daban medo, que se 3 capas de crema…
E aínda que parecía que Lorenzo saía, fíxoo por momentos, pero iso non nos impediu pasalo ben. Fixemos monitos cotos, a bomba, relevos, guiar ao compañeiro para mollar a outro, e por último a batalla final, non se salvaron nin as monitoras jejeje
E cando xa estabamos cambiados e secos, Lorenzo decidiu saír do todo, pouco faltounos para facer outra vez a festa da auga.
E non sabemos se foi do cansazo da semana, da calor ou da festa, acabamos todos esgotados…Menos mal que temos uns días de descanso.
Queridas familias, algunhas xa o fixestes pero outras aínda non, aqueles que non pasaron a cubrir a folla cos datos que nos pide a xunta, poderían pasarse a cubrila pola mañá. Non vos daremos ningún premio, pero se un sorriso e gratitude eterna…
Moitas grazas e bo finde.









😃
ResponderEliminar🤩🩵
ResponderEliminar