Moi boas !
Que día pasamos hoxe, que nervios tiñamos…
Pola mañá estivemos a xogar ao cazador invisible, que os pequenos o fixemos imitando animais e tentando que non nos cazasen…
Despois fixemos a pequenos improvisación musical, mentres nos contaban un conto nós faciamos os sons para facer un conto interactivo. Mentres os maiores xogamos ao labirinto onde tiñamos que adiviñar cal era o percorrido, e algúns non estabamos atentos e perdémosnos moitas veces…
E xa por fin, a festa da auga, e iso que parecía que o sol non quería saír.
Fixemos moitísimos xogos, lanzámonos á nosa lona e desatouse unha guerra acuática da que ninguén puido escapar.
Familias, mañá imos á Praia, necesitamos:
Toalla
Bañador ( xa posto de casa)
Muda roupa interior
Gorra
Crema
Merenda
Auga
Cubo e pas ( con nome)
Calzado cómodo
Lembrade que imos andando e se poden estar máximo ás 10:00 da mañá, agradecémolo moitísimo!


















No hay comentarios:
Publicar un comentario