lunes, 28 de julio de 2025

Día 19

 Holaaa,holaaa

Xa estamos de volta despois desta ponte tan desexada…

Algúns non viñeron e seguen de ponte…

Hoxe suponse que viña moita calor, e aínda que ás veces parecía que si ata nos babuxou… 

Pero nós seguimos ao noso, estivemos a facer Street Art, e non vos por presumir pero déusenos moi ben e iso e xa nos poden chamar do concello para facelo nalgún edificio… aínda está sen terminar xa 





Tamén fixemos unha variante do fútbol, chamada “Goalbal”Que consiste en facer dous equipos e tiñamos que ter os ollos tapados e meter gol e como nos resultaba imposible decidimos que só un de cada equipo tapábaos e os demais dirixiamos, en fin a paciencia non é o noso e entendemos ás monitoras…




Tamen fixemos in campionato de baile e non sabedes como foi iso, viñémonos arriba, literalmente, bailando coma se fósemos súper heroes, coma se o chan fóra lava… sacamos os pasos prohibidos jejeje








E xa para finalizar fixemos o noso caderno pictórico, que aínda temos que terminar… pero facémosvos un adianto









Mañá FESTA DA AUGA:
Gorra
Crema
Toalla
Calzado para moxar 
Muda de cambio.
Bañador
Pistolas de auga con nome (opcional)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...