Holaaaa
Con moitas ganas xa esta aquí o venres, e hoxe esperabamos choiva, e para a nosa sorpresa non nos choveu, só á saída… cando estabamos preparados non chove, parece que o tempo se quere rir un pouco de nós.
Nós ao noso e empezamos o noso día, xogando e pasándoo ben.
Para empezar estivemos a facer siluetas con xiz e deixamos as nosas obras nas pistas jejeje e entre nós hai un crack das matemáticas… que nos demostrou a súa paixón por elas, as monitoras ata tremeron cando o viron temendo que lles preguntásemos se sabían tanto como o noso compi…
A continuación, xogamos á cola de dragón, que consistían en poñernos unha cola e roubar as dos compañeiros pero sen perder a nosa, as colas perdémolas e o aire tamén… que esgotador foi.
E xa antes de merendar xogamos á bomba, que os maiores o vivimos coma se fose un campionato, ata as monitoras xogaron e perderon por suposto jejejeje
Despois de merendar tocounos o momento máis esperado, facer slime!!!!
Igual fomos con purpurina ata nas pestanas e acordástesvos moito do campa co slime pegado pola roupa jejeje… pero bo hai que pasalo ben e mancharse para demostrar que así foi.
Para os novos, este blog é xestionado polos participantes que temos grupos encargados dunha parte. A continuación mostrámosvos o noso traballo.
Debuxantes: pintando o que fixemos no día.
Campamentólogos: valorando as actividades.






























No hay comentarios:
Publicar un comentario