Moi boas!!
Outro luns máis aquí e con moito soño vimos hoxe…
Hoxe foi un día moi relaxado ao principio e ao final xa máis completo.
Para empezar escribímoslle unha carta a Olimpia Tourné describíndonos a nós mesmos, non sabedes quen é ela??? Pois unha artista galega.
Logo fixemos un torneo musical que nos tocaba bailar por quendas e ata tivemos premios…
Ao final do día tocounos xogos de orientación que a fixemos en modo gymkana, e non foi nada fácil, algúns non puidemos terminar, porque tiñamos que buscar as pistas e estas monitoras puxérono moi difícil… xa nos vingaremos nós delas jijiji.
E non só era buscar pistas, era superar probas para poder conseguir a peza do quebracabezas, que se poñernos a roupa ao revés, pintarnos a cara, cantar… ai que cansos estamos.
Prendas:













No hay comentarios:
Publicar un comentario