martes, 15 de julio de 2025

Día 11



 Martes, Martes 

Hoxe estabamos un pouco máis tristes porque se acabou a primeira quincena e despedímonos dalgúns compañeiros que sen dúbida estrañaremos…

Así que hoxe foi un día un pouco máis especial e pola mañá estivemos a facer distintas variedades do pilla e por pouco morremos entre o cansazo e a calor… acabamos todos sen gañar de movernos nin de falar. 






Unha vez merendados decidimos facer unha pequena festa onde puidemos facer as nosas pulseiras e globoflexia…






Pasámolo Moi ben pero outros non tanto cos globos e fundamos o noso propio club anti-globos e saímos fuxindo de alí jijiji

E xa para finalizar visitáronnos do concello para darnos a nosa camiseta ( algúns xa podemos facer unha colección con elas) e a nosa gorra, agora xa non temos escusas para non traela ao campamento.

Un día moi completo…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...