jueves, 31 de julio de 2025

Día 22

 Moi boas, que día tan  agridoce…estabamos tan tristes porque moitos se ían e felices porque hoxe tocaba festa… 

Para tentar sobrevivir o día, estivemos a terminar os nosos murais chulisimos… e despois tivemos tempo de ensaiar as nosas actuacións para facer o noso particular Got Talent… 











Ademais fixemos unha pedazo de merenda compartida cos nosos compis, imos como pelotas cheos de comida…






E ata tivemos visita do concello, e por fin!! Chego a actuación, perdón as actuacións espectaculares, mellor déixovos as probas… 















E a modo de sorpresa, houbo unha actuación sorpresa e se nos preguntan a mellor jejeje 

















miércoles, 30 de julio de 2025

Día 21

 Moi boas! 

Miúdo día tivemos hoxe, estabamos nerviosos esperando nosa desexada visita á praia.

Como uns auténticos campións emprendemos o noso camiño e fomos como balas costa abaixo, como o pasamos na praia facendo castelos, perdendo a roupa, e por suposto, bañándonos. 
































En palabras dalgúns participantes sobre o que máis lle gustou do día de hoxe…

Iris: Lo que más me gustó fue contar chisme con mis amigas…

Rita: Ver el caballo,nadar y jugar en la arena…

Aroa: Estar en la arena y bañarnos…

A ida foi fácil pero a volta pesábanos a vida, e iso que nos levaron a mochila en coche… algúns tiveron a sorte de que nos recollesen polo camiño, aínda que iso non se pode facer… pero agradeceuse esa axuda. 

Familias, mañá é final de quenda e faremos unha festa, polo que poden traer unha bolsa de patacas, gusanitos ou o que eles queiran, para compartir e un zume, refrescos non. 

Iso si pedimos que non sexa nada de cacahuetes nin froitos secos xa que hai unha nena alérxica e queremos evitar calquera susto!

Lembrade que os peques que se marchan mañá teñen a muda para levar!!


Perdidas:











Fin do campa

 Moi boas!  Chegou o día máis temido por vós pero máis desexado por nós, nunca chove a gusto de todos jejejeje  Hoxe foi o noso último día d...